Día
Martes 12 outubro 2021
Hora
19.00 h
Espazo
Centro Social de Berdillo
Entrada
5 €
Duración
60 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, Concello de Trabancas, cantan coplas e contan historias escoitadas ou inventadas.
A estas mulleres, fortes e empoderadas, non lles falta retranca e mesturan a sabedoría das fontes da música tradicional galega e as do teatro clásico grego para artellar esta singular conversa cantada, coa que tratan de entender o cambio climático e ao que fan fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural.
Casandra ten o don de predicir o futuro e a maldición de que ninguén vai acreditar o que ela di. A mesma situación na que se atopa a ciencia respecto da sociedade.
Unha versión divertida e directa do impacto que o cambio climático terá sobre as nosas vidas.
Con máis de 30 anos de traballo ao lombo, Chévere é un referente no teatro en Galicia e tamén en España. No 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro polo seu compromiso social e cultural e a súa traxectoria de creación colectiva e transgresión de xéneros.
”Un espectáculo memorable que nos fai ver o empoderamento da muller do rural.
Roberto PascualDiario Cultural
Ficha
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar
Dirección e dramaturxia: Xesús Ron
Escrita: Manuel Cortés
Técnica: Xacobe Martínez Antelo e Fidel Vázquez
Asesoramento musical: Inés Portela
Comunicación: Xana García
Gráfica: Yoseba Muruzábal
Atrezzo e vestiario: Maribel Gómez
Procedencia: Galicia