Día
Sábado 16 outubro 2021

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
90 minutos

Idade
Adulto

Sobre o espectáculo

A Inquisición reúnese para celebrar un xuízo que pode cambiar o curso da historia. O acusado é Juan Rana, o comediante máis célebre do Século de Ouro. O delito: facer rir ao público co seu humor irreverente e burlesco retratando a toda a sociedade. Acusado de blasfemia, desacato, irreverencia, provocación, espírito crítico, herexía…, agora debe enfrontarse a unha posible condena: a fogueira! Cal será o veredicto?

Mesturando realidade e ficción, convídanos a reflexionar sobre a risa e o humor e o papel dos comediantes na construción dun discurso que cuestiona as ideas de cada tempo. Que pasaría se non puidésemos rirnos de nós e das cousas da vida que nos pesan? Onde está o límite? Unha pregunta moi acaída para estes duros tempos que nos toca vivir.

Asistiremos a unha festa de entremés dos máis grandes autores como Calderón, con ingredientes ronlaleros imprescindibles: cinco actores, creación colectiva, dramaturxia orixinal de Álvaro Tato, humor, canto e música en directo, moito enxeño e un desafío artístico.

Tras rotundos éxitos internacionais das dúas coproducións previas, Ron Lalá e a Compañía Nacional de Teatro Clásico volven aliarse nunha nova proposta, finalista a dous Premios Max na edición do 2021. A compañía ten recibido outros dous Max e dous Premios do Público do Fiot (2013 e 2016), onde xa gozamos da maior parte dos seus espectáculos.

Ficha

Ron Lalá son: Yayo Cáceres, Juan Cañas, Íñigo Echevarría, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher, Álvaro Tato
Reparto (por orde de intervención):
Inquisidor / Amigo / Matalotodo / Galeote / Velázquez / Pintor / Caballero / Calderón / Comediante: Juan Cañas
Inquisidor / Bernarda / Comisario / Alguacil / Comediante / Musa / Soldado / Demonio: Daniel Rovalher
Inquisidor / Juan Rana: Miguel Magdalena
Inquisidor general / Vejete: Íñigo Echevarría
Verdugo / Sacristán / Escribano / Galeote / Comisario / Criada / Cortesano / Acotador / Diosa Fama / Demonio: Fran García
Creación colectiva: Ron Lalá
Dramaturxia e versións: Álvaro Tato
Composición e arranxos: Yayo Cáceres, Juan Cañas, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher
Dirección: Yayo Cáceres
Dirección musical: Miguel Magdalena
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Escenografía e atrezzo: Carolina González
Iluminación: Miguel Á. Camacho
Son: Eduardo Gandulfo
Realización de escenografía: Mambo Decorados
Realización de panos e acabados: Sfumato Pintura Escénica
Sastrería: Maribel RH
Pintura e ambientación: Davinia Fillol
Tocados: Diana García
Foto de retrato de Juan Rana: RAE (archivo fotográfico: Pablo Linés)
Asistente de ensaios: Javier Bernat
Xefe técnico: Eduardo Gandulfo
Técnico de luces: Javier Bernat
Maquinista: Elena C. Galindo
Fotografía e audiovisuais: David Ruiz
Guía didáctica: Julieta Soria
Redes: Ron Lalá
Prensa: María Díaz
Administración: Juan Cañas
Asistente de produción: Carolina de Dobrzynski
Producción executiva: Martín Vaamonde
Deseño de produción: Ron Lalá / Emilia Yagüe
Unha coprodución de: la Compañía Nacional de Teatro Clásico y Ron Lalá
Co apoio de: Programa de Residencia Teatro del Bosque (Ayto. Móstoles)
Estrea: 7 de febrero de 2020, Teatro Palacio Valdés (Avilés)