Día
Martes 18 outubro 2022
Hora
11.00 h
Espazo
Auditorio do Pazo da Cultura
Duración
60 minutos
Sobre o espectáculo
M., un mozo de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño atoparase coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el tampouco é quen pensaba ser.
Con humor e música, a peza explora nesta obra a brecha xeracional entre nativos e non nativos dixitais, intentando comprender como inflúen as redes sociais, o selfie e o sexting, a igualdade e as novas masculinidades na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.
Roque Ruiz, un novo pero xa popular actor do audiovisual, achéganos á adolescencia da denominada Xeración Z e trasládanos unha ollada optimista, aceda e sen prexuízos sobre as linguaxes dixitais e as novas formas de relacionarnos.
”Selfies, sexting e outras formas de amar (se)
Ficha
Intérprete: Roque Ruiz
Vestiario: Melania Freire
Deseño de son: Jas Processor
Música: creación propia
Espazo escénico e iluminación: José Faro
Autoría: Tamara Canosa e Xacio Baño
Dirección: Tamara Canosa