Día
Sábado 29 outubro 2022

Hora
13.00 h, 13.30 h, 19.00 h e 19.30 h

Espazo
Sala de reunións Atener Solucións Técnicas (Rúa Camiño do Bosque, 6)

Capacidade
15 persoas por pase

Duración
20 minutos

Idade
A partir de 16 anos

Sobre o espectáculo

Alba e Irene son dúas actrices en paro que deciden facer un pitching ca esperanza de darse a coñecer e atopar traballo. No transcurso de expoñer as súas habilidades e aptitudes como intérpretes, a precariedade, os prexuízos e a concorrencia, racharán ca formalidade da presentación dando lugar ao caos.

Actriz, chora é unha peza que critica desde a comedia os estereotipos e os desafíos do sector artístico, en especial das mulleres novas. Todo vale por conseguir un papel? Pode a vocación máis que o diñeiro? Que papel cumpren as redes sociais na arte?.

Ficha

Texto, creación e interpretación: Alba Nogueira e Irene Lorenzo