Día
Venres 16 de outubro

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Ataquilla.com

Duración
60 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Teño unha reunión. O colectivo ao que pertenzo convócame á participación. Igual esta vez é diferente. Vou ir. Tal vez solucione algo. Temos que atopar unha saída a todo o que nos preocupa. A xente ten gana de facer cousas. A xente implícase, a xente queixase, a xente participa, a xente escoita, a xente pensa noutra xente…”

O público asiste en A xente 2.0 a unha asamblea, a unha experiencia grupal que cuestiona con humor e sen benevolencia o concepto mesmo da participación. A realidade social e o momento que estamos a vivir pola pandemia impulsan a María Vázquez e Víctor Duplá, parella de longo percorrido tanto no eido actoral como no da dirección e da pedagoxía, a poñer en escena esta adaptación sobre o malestar colectivo, a tensión social, a necesidade de atopar outras vías e a capacidade do grupo para organizarse e  transformar a sociedade.

Ficha

Dirección e interpretación: María Vázquez e Víctor Duplá
Autoría: Pérez&Disla
Tradución e adaptación: María Vázquez
Procedencia: Galicia