Día
Sábado 12 de outubro

Hora
21.00 h

Espazo
Café-Bar Ranqui

Entrada
Libre

Duración
60 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Todos os pobos precisan contos que xustifiquen o seu xeito de pensar e actuar. E nós temos historias, a mancheas, cargadas de humor e retranca, que veñen de tempo atrás e que son infinitas e eternas. E quen mellor para contalas que María da Pontragha, unha narradora das de sempre disposta a transmitir e entreter ao público co seu espectáculo A volta dos contos, unha auténtica viaxe pola tradición oral.