Día
Sábado 2 outubro 2021
Domingo 3 outubro 2021

Hora
22.00 h
19.00 h

Espazo
Pazo da Cultura. Salón de actos

Entrada
3 €

Duración
70 minutos

Idade
+ 12 anos

Sobre o espectáculo

Un mozo dunha aldea galega emigra a Castela e aos poucos meses regresa á súa terra. Nese breve tempo ocorre algo asombroso: o rapaz esqueceu a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. Partindo da coñecida lenda, recollida polo Padre Sarmiento no século XVII, Talía Teatro leva a escena A parábola do angazo, unha comedia dirixida por Diego Rey e protagonizada por Artur Trillo e Toño Casais, na que os dous intérpretes farán unha viaxe pola historia da nosa lingua, a través dun diálogo fluído e cargado de humor, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente.

Seguindo a liña iniciada en Bicos con lingua e Pelos na lingua, esta compañía distinguida en 2010 co Premio do Público do FIOT, volverá demostrarnos con esta nova proposta áxil e versátil, que a nosa lingua resistiu e resiste toda situación adversa. Non a perdades!

Ficha

Dirección: Diego Rey
Autoría:
Sechu Sende, Ana Carreira, Marta Lado, José L. Prieto, entre outros
Intérpretes:
Artur Trillo e Toño Casais