Día
Sábado 9 outubro 2021

Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h

Espazo
Ponte do San Martiño

Entrada
Número de espectadores: 20

Reserva previa en fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto) a partir do martes 28 de setembro.

Duración
20 minutos

Idade
Todas as idades

Sobre o espectáculo

A ponte como rito de pasaxe. Sobre ela, un home observa como o fluír da vida bule baixo os seus pés. Ós lados a terra firme que quixo e a que non quererá. Baixo a auga, un peixiño nada a contracorrente.

Unha performance onde o corpo e a voz quedan pendurados dos pesos e levidades carrexados ó longo da vida. Un momento para pararse e sentir que o camiño non sempre é o que pensamos.

Ficha

Creación e interpretación: David Rodas González