Día
Sábado 23 outubro 2021
Hora
12.30, 13.30, 18.00 e 19.00h
Espazo
Palco da Música (parque do Anllóns)
Entrada
Máximo espectadores/as: 10
Reserva previa en fiot.microteatroentrada@gmail.com (indicando nome do espectáculo, horario, nome e apelidos do espectador e teléfono de contacto) a partir do martes 28 de setembro.
Duración
16 minutos
Idade
Todas as idades
Sobre o espectáculo
Canto inflúen en nós os espazos? Que tanto nos definen?
Para Sara, o Palco de Música de Carballo é imprescindible na súa vida. Por iso, aproveitará para contarlle ó público unha serie de relatos familiares que sucederon nese mesmo quiosco e, así, reconstruír a súa propia historia. Mais quizais ela non é quen di ser. Ou?
Ficha
Creación e interpretación: Sara Guerrero