Día
Luns 12 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Ataquilla.com

Duración
80 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Sarabela Teatro celebra o seu corenta aniversario como compañía cun espectáculo que nace a partir dos relatos a Lingua da bolboretas e A traxectoria do balón, de Manuel Rivas, que é quen de manter o pulso da historia con tenrura, con humor latente e con contundencia a un tempo.

A través da tenra relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Moncho, que descubre, pouco a pouco, a beleza das realidades cotiás que pasan inadvertidas, o público é partícipe da fascinación infantil ante o descoñecido, pero tamén do sufrimento que provoca vivir con medo e do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. Un relato sobre as ilusións persoais e colectivas que esvaecen e sobre os perigos da “suspensión das conciencias” que en situación de crise asolagan a todas as sociedades.

Ficha

Dirección, dramaturxia e deseño de escenografía: Gonçalo Guerreiro
Autor: Manuel Rivas
Adaptación: Fernando Dacosta
Intérpretes: Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Fina Calleja, Sabela Gago e Josito Porto
Deseño de proxeccións: Diego Blanco
Deseño de iluminación: Baltasar Patiño
Deseño de vestiario: Tegra Vázquez e Lele Álvarez
Procedencia: Galicia