Día
Venres 1 outubro 2021

Hora
20.00 h

Espazo
Rua Jacinto Amigo Lera

Entrada
Gratuíta, ata completar capacidade.

Duración
50 minutos

Idade
Todos os públicos + 3 anos

Sobre o espectáculo

Como unha cometa sen fío, unha pallasa fala soa. Contéstase, vai e vén porque non atopa o seu lugar. Acompañada pola súa fiel bañeira, que a fai soñar e reafirmar que os tolos, non son tan tolos.

Ser protagonistas dos nosos propios soños fai que ás veces parezamos un pouco tolos e neste espectáculo de humor, circo e clown para toda a familia veremos a parte máis divertida de ir contracorrente.

Unha orixinal e divertida posta en escena, para un espectáculo íntimo a cargo da compañía de circo poético e metafórico galego-arxentina Avela Circo, que nos presenta o seu primeiro espectáculo.

Ficha

Elenco: Ana Cuervas López
Procedencia: Galicia