Día
Sábado 9 outubro 2021

Hora
19.00 h

Espazo
Centro Social de Cances

Entrada
5 €

Duración
70 minutos

Idade
Adulto

Sobre o espectáculo

En Galicia, por moi duro que sexa o inverno, hai que deixar sempre unha ventá entreaberta, un oco por onde poidan fuxir as almas, prisioneiras ata a morte do corpo. Nos camiños cubertos de néboa, agardan os emisarios da morte para recollelas. Se non, fican connosco e por iso ás veces herdamos problemas que non nos pertencen.

En Suecia, se alguén ten a morte na media noite do derradeiro día do ano, toma o relevo do carreteiro da carreta pantasma, e non hai oficio máis cruel.

Paula Carballeira interpreta esta obra que afonda nos límites entre a narración oral escénica e as técnicas teatrais, empregando proxeccións que nos recordan aos cinemas ambulantes de inicios do século XX, para falarnos da morte, do medo e da memoria.

Baseándose nunha lenda popular sueca, que deu orixe a unha novelade Selma Lagerlöf, que o director Victor Sjöstrom levaría ás pantallas, Berrobambán pon en valor a nosa tradición oral reivindicando a relevancia do noso idioma e o seu lugar na historia da literatura.

A montaxe ofrece un exercicio de sinxeleza ao levar á escena o poder da palabra amplificada con elementos de significación escénica. Unha exploración sobre a emoción a través dos mínimos artificios.

Erregueté
Ficha

Interpretación e dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección, deseño de iluminación e voz off: Chiqui Pereira
Audiovisuais e espazo escénico: Miriam Rodríguez
Espazo sonoro: Nacho Sanz
Vestiario: Mercedes Torres
Deseño gráfico: Nadina Gráfica
Procedencia: Galicia