Día
Domingo 2 outubro 2022
Hora
20.00 h
Espazo
Cafetería Valle Inclán
Entrada
4 €
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
A partir das propostas do público, Marta Iglesias e Tito Rober ofrecerán un espectáculo instantáneo, con momentos únicos e irrepetibles, no que irán construíndo breves historias nunca antes contadas. E todo a un ritmo hilarante e tolo, que nos fará rir e rir sen parar.
Unha clown e acróbata e un retranqueiro monologuista de corazón improvisan e, á vez, seguindo as “ordes” do público, interpretan, deseñan a escenografía, dirixen, escriben… a súa propia historia.