Skip to main content

Este ano, baixo o lema de sempre de #procuramosousados, o Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo volve buscar voluntarios e voluntarias para o festival, que este ano celebra o 30 aniversario.

A convocatoria diríxise ás persoas que lles guste o teatro e queiran participar nun dos principais eventos culturais de Carballo.

A organización do festival celebrará a primeira reunión o mércores 15 de setembro, ás 20h, no Pazo da Cultura.

As persoas interesadas poden pedir máis información ou inscribirse na xuntanza escribindo ao correo fiot@fiot.gal (asunto: convocatoria voluntariado) ou chamando ao 981 70 43 00, teléfono do departamento de Cultura do Concello de Carballo.