A cultura é segura. Sabémolo e queremos que así sexa sempre. Por iso poñemos en marcha un protocolo para garantir que goces tanto do teatro coma nós.
- O uso da máscara será obrigatorio.
- A desinfección de mans tamén será obrigatoria. Se non levas xel no peto, non pasa nada: no Pazo da Cultura atoparás dispensadores de xel hidroalcohólico.
- A apertura de portas será 30 minutos antes de cada función e tanto o acceso como a saída ao recinto realizarase de xeito escalonado mantendo a distancia de seguridade. Procura chegar con tempo e lembra seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala: están para acompañarnos e facilitar o noso tránsito!
- Completamos a limpeza do auditorio antes de cada espectáculo coa desinfección con equipos de nebulización. As medidas hixiénicas están contempladas tamén no sistema de ventilación, optimizado para esta nova situación.
- A ocupación máxima de butacas do auditorio será do 50% e sempre haberá un asento de separación cos espectadores máis próximos: veñas só ou en parella, unha butaca quedará libre á dereita e á esquerda!
- A butaca é un asento e deberemos permanecer nel. Se che gusta moito a obra lamentamos dicir que non poderás poñerte de pé ao final da obra… pero poderás bater as túas mans e amosar todo o teu entusiasmo, nas redes, de xeito virtual!
- En previsión da posibilidade de novas restricións por parte das autoridades competentes, sacaremos as entradas á venda en dúas fases: unha primeira de forma anticipada e, nun segundo momento, 48 horas antes de cada función.
O teatro é seguro, pero que sexa tal sempre é responsabilidade de todos e todas!
Goza do FIOT en pausa e volve seguro á butaca!