Día
Venres 9 de outubro
Sábado 10 de outubro
Domingo 11 de outubro
Venres 16 de outubro
Sábado 17 de outubro
Domingo 18 de outubro
Hora
18.00 – 20.00 h
13.00 h
19.00 h
19.00 h
19.00 h
13.00 h
Espazo
Inicio en Fórum Carballo
Entrada
Gratuíta reservando a través de mensaxe de whatsapp no número 604 008 235
Duración
90 minutos
Idade
A partir de 13 anos
Sobre o espectáculo
Cando a lúa é unha válvula de spray, a noite pode debuxar as escenas máis inesperadas. As accións da madrugada sucédense entón na stop-motion dos murais urbanos e nada ten volta atrás. Nese carrusel vense envoltos Sara, María e Leo mentres celebran un rito durante o San Xoán. Coa intensidade dun accidente, o que sucede esa noite cambiará por sempre a vida dos tres mozos.
A lúa, válvula de spray é unha ficción sonora na que a escenografía é unha selección da arte urbana que se atopa en Carballo. O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas.
Ficha
Autora: Rosalía Fernández Rial
Dirección teatral: Quico Cadaval
Espazo sonoro: Marcos PTT Carballido
Intérpretes: Melania Cruz, Santi Romay, Maria Roja. Coas voces de Marcos PTT Carballido e Rosalía Fernández Rial
Procedencia: Galicia