Día
Sábado 28 de setembro

Hora
22.30 h.

Espazo
Cervexaría Beos

Entrada
Libre

Duración
90 minutos aprox.

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

A vida nun colexio privado para un mozo de Ourense de familia humilde, que intenta encaixar nunha clase social que non é a súa, pode estar repleta de vivencias tan terribles como cómicas cando contas co apoio incondicional dunha nai moi preocupada polas vitaminas.

O monologuista Tito Rober é unha das novas promesas do humor galego como poderedes comprobar neste espectáculo ácido, ateigado de ironía e moitas risas.