Día
Sábado 5 de outubro
Hora
23.00 h
Espazo
Mercado municipal
Entrada
5 €
Duración
80 minutos
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Rodrigo Cuevas é un axitador cultural folclórico e electrónico. Un xenio do etnoglamour, un embaixador do erotismo elegante, do hedonismo e dos dereitos innegociables do ser humano. Cuevas é transgresor e un grandísimo músico que leva adiante un show de gran calidade musical, estética e discursiva.
O FIOT será o escenario da estrea en Galicia do seu novo espectáculo, Trópico de Covadonga, no que fala da arte de cortexar e andar de ronda mesturando, coma sempre, o rural co urbano. Neste paralelo imaxinario que pasa por Covadonga, atoparemos a un sedutor de persoas, que mira ao pasado dunha maneira romántica e idealizada para transmitir valores humanistas e de liberdades sexuais e sociais, nunha performance dixital-vintage cargada de moita beleza e humor. Apaixonadamente desexable e imperdible.