Día
Sábado 12 de outubro
Hora
13.00 – 13.30 – 19.00 – 19.30 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
Libre ata completar aforo
Duración
20 minutos
Idade
A partir de 16 anos
Sobre o espectáculo
Nora, muller católica, apostólica e romana, tenlle preparada unha festa sorpresa ao seu home polo seu corenta aniversario. Pero Álvaro non dá chegado, onde andará?
Sorpresa é unha comedia dramática, unha historia de segundas oportunidades e de mulleres empoderadas. É unha creación de Enconarte Producciones, unha compañía integrada por mulleres que falan sen pelos na lingua para facer rir a esgalla.
Ficha
Intérprete: Arantxa Treus
Autoría: Arantxa Treus e Déborah Vukusic
Dirección: Déborah Vukusic