Día
Venres 25 de outubro
Hora
19.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Libre
Duración
90 minutos aprox.
Idade
Todos os públicos
Sobre a actividade
Habitada é a historia dunha muller que é varias. A obra, que foi publicada en 2018 na Revista Galega de Teatro (RGT), segue a liña temática desta edición do Festival e reflexiona sobre as identidades e a loita polos soños.
A carballesa Olivia Pena é profesora de lingua e literatura galega de ensino secundario nun centro da vila, ademais de colaboradora habitual de Casahamlet en varios traballos de investigación e creación. Na presentación de Habitada estará acompañada pola directora da RGT Vanesa Sotelo e o subdirector desta publicación, Manuel Xestoso. Un grupo de teatro amador, realizará unha lectura dramatizada dun fragmento da obra.