Día
Sábado 28 de setembro
Hora
21.00 h
Espazo
Cafetería Colón
Entrada
Libre
Duración
70 minutos
Idade
Público adulto e xuvenil
Sobre o espectáculo
A contadora Carmen Conde presenta o seu espectáculo Premios Darwin, unha selección natural de historias que xiran arredor da morte, e que a artista foi recollendo por diferentes lugares de Galicia para debullar algúns dos tabús e das tradicións máis arraigadas da nosa terra. Relatos de humor negro e real contados a partir dunha entrega de premios ficticios nos que o galardón é unha gadaña. Imaxinas quen son os candidatos?