O público é o corazón do FIOT. Cada ano os espectadores participan, coa súa opinión, na programación das vindeiras edicións do festival. No Festival Internacional Outono de Teatro o público puntúa cada espectáculo e a compañía mellor valorada terá a posibilidade de participar, nunha vindeira edición do festival, cunha nova creación.
Sobre a actividade
Estes son os Premios do Público das últimas edicións do FIOT:
- 2018. Iphigenia en Vallecas, de Serena Producciones
- 2017. Incendios, de Ysarca e Teatro de la Abadía
- 2016. Cervantina, de Ron Lalá e Centro Nacional Dramático
- 2015. El Testamento de María, de Centro Dramático Nacional, Festival Grec e Avance Producciones Artísticas