Día
Xoves 26 de setembro
Hora
10.00, 12.00 e 16.30 horas
Espazo
Colexios de Educación Secundaria de Carballo
Entrada
Función escolar
Duración
60 minutos aprox.
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Sabedes canto vale unha peseta? Historias de vida recollidas na nosa contorna e no universal xúntanse nunha peza que achega a partes iguais o humor, a sensibilidade e a tenrura propias da nosa xente, ao tempo que nos traslada á época dos nosos devanceiros. Tradicións historias e, como non, moita retranca.
Esta obra, que combina narración oral e música, moi preto do espírito da Rúa dos Contos, chega aos institutos da man dunha nova e fresca compañía.