Día
Venres 4 de outubro
Hora
20.00 h
Espazo
Praza do Concello
(en caso de choiva trasladarase ao mercado municipal)
Entrada
Libre
Duración
50 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Pode unha xornada laboral de dúas limpadoras converterse nunha competición deportiva de alto nivel? Aburridas da súa rutina diaria, dúas mulleres adéntranse nun mundo de soños onde a xornada laboral é retransmitida como unha competición olímpica pola coñecida comentarista de TVE Julia Luna. Comedia e circo únense para crear un mundo absurdo e disparatado nesta peza, gañadora do premio FETÉN 2019 ao Mellor espectáculo de rúa.