Día
Venres 27 de setembro
Hora
21.00 h
Espazo
Café Valle Inclán
Entrada
3 €
Duración
90 minutos aprox.
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Como dar a volta ao mundo e viaxar por Terranova, Madagascar, Gran Sol ou a Antártida sen saír dunha tasca? Todas as ribeiras galegas están cheas de contos do mar. Agora o Atlántico avanza, dende Razo cara a Carballo, disposto a activar con cantos e palabras ese tsunami que todos levamos dentro.
A palabra de Xurxo Souto, que leva máis de 20 anos paseando entre micrófonos da radio e palcos da música, chega á Rúa dos Contos cunha estrea absoluta que nos ofrecerá unha “cosmovisión” alternativa, ateigada de aventura e bo humor.