Día
Xoves 24 de outubro
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Función escolar
Duración
80 minutos
Idade
A partir de 14 anos
Sobre o espectáculo
A piques de dar o seu discurso de investidura, un recén elixido presidente enfróntase a un inesperado problema: un tic nervioso ameaza con arruinar o solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.
Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país? É unha responsabilidade da que fuxiríamos a maioría dos cidadáns… Esta comedia aguda sobre a vocación política visibiliza a vulnerabilidade dos que exercen o poder. A obra daranos pé ao debate sobre unha preocupación social de actualidade: a controversia sobre os políticos.
Nesta coprodución do FIOT, e estrea absoluta nesta edición, a compañía de Cándido Pazó explora novas vías para o teatro galego e para o noso festival aliándose cunha das grandes produtoras españolas, Focus. Xuntas crearon O electo, un espectáculo que terá presenza na escena de toda España cunha versión en castelán.
Ficha
Intérpretes: Manu Baqueiro e Antonio Mourelos
Vestiario: Belén Pichel
Iluminación: Afonso Castro
Música: Manuel Riveiro
Escenografía: Dani Trillo
Texto orixinal: Ramón Madaula
Versión e dirección: Cándido Pazó