Día
Do Venres 27 ao Sábado 28 de setembro
Hora
19.00 a 11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
20 € (terán preferencia os socios e socias da AC Telón e Aparte)
Inscricións
25 prazas (do 16 ao 25 de setembro no Pazo da Cultura)
Idade
De 6 a 12 anos
Sobre a actividade
Un ano máis, os mais cativos coñecerán os misterios do teatro e vivirán unha experiencia única nun novo campamento teatral. Coa maxia da noite descubrirán os segredos do teatro, coñecerán como é a escena por dentro e participarán en divertidos obradoiros creando unha obra coa que porán fin a esta actividade. A cea, a noite nos sacos de durmir no teatro e o almorzo da mañá seguinte, formarán parte desta aventura chea de xogos, sorpresas e, sobre todo, moito teatro.
Organiza: Asociación Cultural Telón e Aparte
Experiencia inclusiva na que participarán nenos e nenas desta entidade.
Descarga a inscrición aquí.