Día
Sábado 12 de outubro

Hora
00.00 h

Espazo
A Barra Bar

Entrada
5 €

Duración
90 minutos aprox.

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Estaba claro! A inspiración para as mentes cómicas deste país atópase nas tabernas, esa sorte de centros culturais das pequenas vilas onde sempre está a xente auténtica que atesoura centos de interesantes historias…

O monologuista e actor Federico Pérez, ao que coñece media Galicia por Moncho (Era Visto!) ou por Josito (Padre Casares), recoñece ter aprendido todo nos bares. E agora xa é hora de compartir este coñecemento co gran público levando a escena unha escolma dos mellores contos recompilados até o de agora.