Día
Domingo 20 de outubro
Hora
20.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
85 minutos
Idade
A partir de 12 anos
Sobre o espectáculo
Unha profesora de canto accede a darlle clases a un home novo que desexa mellorar a súa técnica para cantar no memorial da súa nai, falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para eles. A confrontación entre os dous axudaralles a reflexionar sobre as súas identidades, a aceptación da perda, a fraxilidade do amor e as consecuencias do odio, desprendéndose das dolorosas cargas que non os deixan avanzar.
Carmen Maura, unha das actrices españolas máis importantes, regresa aos escenarios teatrais cunha conmovedora historia que ten o terrorismo islámico e a homosexualidade como telón de fondo.
O catalán Guillem Clua, autor do texto, é un dramaturgo cunha gran capacidade para ficcionar temas e situacións de estrita actualidade. O fermoso texto de La golondrina, reivindicativo e necesario, triunfou en todos os escenarios dos diferentes países nos que se representou. Sen dúbida, esta obra é un dos pratos fortes da temporada.
Ficha
Intérpretes: Carmen Maura e Dafnis Balduz
Vestiario: Tatiana Hernández
Iluminación: Juan Gómez Cornejo
Música: Iñaki Salvador
Escenografía: Alessio Meloni
Texto: Guillem Clua
Dirección: Josep María Mestres