Día
Venres 11 de outubro
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
10 €
Duración
80 minutos
Idade
A partir de 15 anos
Sobre o espectáculo
Mario traballa nunha oficina. Unha chamada vai cambiarlle a vida para sempre. Con el viaxaremos á súa infancia, habitaremos a súa casa e percorreremos a súa vila. Pinceladas en branco e negro que truncarán a súa identidade sexual e de xénero, como a de tantos outros. Historias reais documentadas en múltiples entrevistas constrúen o relato dun transexual na España de finais dos anos 60, como contrapunto do presente.
Desde unha poética do cotián, Carolina Román, unha das dramaturgas da nova xeración máis destacadas de España, dirixe a súa mirada a persoas e colectivos que non teñen voz, que senten que non hai sitio para eles e que queren romper as gaiolas que os aprisionan. Esta fermosa e dura obra é, en palabras da autora, unha lanza a favor dos diferentes.
Nacho Guerreros, o protagonista desta conmovedora historia, sorpréndenos nun rexistro
moi diferente ao do personaxe televisivo que popularizou. El e o seu compañeiro de reparto, Kike Guaza, foron finalistas como mellores actores na última edición dos Premios Max.
Ficha
Intérpretes: Nacho Guerreros e Kike Guaza
Deseño de caracterización: Chema Noci
Deseño de vestiario: Cristina Rodríguez
Deseño sonoro: Nelson Dante
Iluminación: David Picazo
Deseño de escenografía: Alessio Meloni
Axudante de dirección: Olga Margallo
Dramaturxia e Dirección: Carolina Román