Día
Domingo 13 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
15 €

Duración
90 minutos

Idade
A partir de 14 anos

Sobre o espectáculo

É 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Cun material real (os fragmentos das transcricións do xuízo realizado a La Manada), Jordi Casanovas, autor referente no teatro documento, escribe esta ficción documental coa que nos permite converternos en tribunal e internarnos na mente da vítima e agresores. Unha violación e un caso que marcou un antes e un despois en España, removen o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo na nosa sociedade. Jauría é un espectáculo necesario e, sen dúblida, o novo éxito teatral da temporada.

A multipremiada Kamikaze Producciones volve ao FIOT con esta impactante e desgarradora obra dirixida con mestría por Miguel del Arco. O obxectivo é xerar debate ao redor do feminismo e a xustiza, para que sexa o público quen saque as súas conclusións.

A protagonista, María Hervás, que tamén volve ao FIOT tras gañar na edición pasada o Premio do Público, recibiu o último Premio Max a Mellor Actriz. A súa actuación en Jauría é sobrecolledora, acompañada por un soberbio quinteto de actores, entre os que veremos ao galego Martiño Rivas.

Ficha

Intérpretes: Pablo Béjar, Fran Cantos, María Hervás, Ignacio Mateos e Martiño Rivas
Voz en off:
Israel Elejalde
Dirección de produción:
Aitor Tejada e Jordi Buxó
Vestiario e escenografía:
Alessio Meloni
Iluminación:
Juan Gómez Cornejo
Deseño de son: Sandra Vicente_Studio 340
Música: Arnau Vilà
Autor:
Jordi Casanovas
Dirección:
Miguel del Arco