Día
Venres 1 de novembro
Hora
20.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
80 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
O espectador vese involucrado desde o comezo da obra nunha descarga na que ten que participar. O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura ca na realidade.. Entre situacións familiares cheas de humor, aparece, coma nesa realidade, a traxedia.
Todo cabe sobre un escenario no que se fai un percorrido fiel deste escuro capítulo de Galicia desde un punto de vista único. Fariña é unha traxedia social contada con humor negro, retranca e drama.
Despois do récord de público no teatro galego con Somos Criminais, a produtora de Xosé Touriñán, dá un paso adiante cunha obra de gran formato dirixida por Tito Asorey desde as claves contemporáneas do teatro documento. A obra, comprometida coa nosa realidade, integra documentos reais e ficcións.
Ficha
Intérpretes: Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta
Vestiario: Ruth Pereira
Música en directo: Cris Iglesias, Sergio Zearreta, María Vázquez
Espazo sonoro: Santi Jul
Tema orixinal: Novedades Carminha
Deseño de iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde
Escenografía: José Faro “Coti”
Dramaturxia: José Prieto, sobre o ensaio de Nacho Carretero
Dirección: Tito Asorey