Día
Mércores 9 de outubro
Hora
De 16.30 a 19.30 h
Espazo
Pazo da Cultura |
Salón de actos
Entrada
Gratuíta previa inscrición
Inscrición
20 prazas (a través dun correo electrónico indicando nome, apelidos, teléfono, correo de contacto/profesión e/ou interese nesta proposta a coordinacion@escenanorte.com, asunto “Inscrición xornada 9 de outubro”)
Prazo
7 de outubro, até as 14.00 h.
Sobre a actividade
Durante a xornada “Artes escénicas e Interculturalidade” celebrarase unha dinámica experimental de creación colectiva entre profesionais da dramaturxia e alumnos, que propón o reto de xerar e mostrar nunha sesión varios proxectos escénicos arredor da temática ‘Encontro entre culturas diferentes’. Estará coordinada por Santiago Cortegoso.
Cal é a dinámica?
Consiste en traballar en equipo, de xeito práctico e participativo, sobre propostas de creación ao redor do tema que lle dá sentido ao proxecto Camiño Escena Norte: o encontro entre culturas diferentes. Os e as profesionais convidados xerarán cadanseu bosquexo de proxecto dramatúrxico en pouco tempo, desde a liberdade creativa e formal e co seu estilo persoal. Logo, expoñerano de xeito rápido.
Elixiranse mediante votación catro deles, a partir dos cales se formarán catro grupos de traballo para levalos a cabo durante a tarde da xornada.
Finalmente, realizarase unha breve presentación (que non debe exceder os cinco minutos), que pode ser unha lectura dramatizada, unha pequena escena interpretada polos participantes, etc.
Obxectivos
- Afondar na relación entre diferentes culturas.
- Favorecer o coñecemento e o intercambio creativo entre dramaturgos das catro Comunidades, dun xeito lúdico e ameno.
- Crear un espazo idóneo para compartir sensibilidades creativas diversas.
- Compartir as dinámicas de traballo de creadores profesionais.
- Experimentar novas formas de creación colectiva que serían imposibles de realizar en condicións de produción real.
Programación completa en www.escenanorte.com.