Día
Venres 27 de setembro
Hora
00.00 h
Espazo
O Patacón
Entrada
Libre
Duración
60 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Gustaríache ver a Otis Redding nos peiraos da Coruña, a Etta James mariscando en Cabo da Cruz, a B.B. King nun furancho de Redondela ou a Eric Clapton lendo a Castelao? Todo é posible con Blues do País!
Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas), versionarán, so seu singular estilo, clásicos do blues, soul e rhythm’n blues, entre outros, para adaptalos á retranca galega nun espectáculo de música en directo, e en galego, mesturada con teatro, clown e moita improvisación. Blues á galega! Oh, yeah! Si, ho!