Data
Venres, sábados e domingos de outubro

Entrada
Libre (almorzos 3€ / tapas 2€)

Espazo
Establecementos de hostalaría de Carballo

Sobre a actividade

Un ano máis, os bocados máis exquisitos volverán darse cita no FIOT grazas á colaboración dun grupo de establecementos de hostalaría do noso municipio. Durante o mes de outubro, restaurantes, cervexarías, bares e cafetarías convidan ao público a degustar os sabores máis deliciosos e exclusivos, inspirados no Festival Internacional Outono de Teatro. Todas as persoas que proben unha destas tapas, petiscos ou almorzos participarán nun sorteo de entradas para o FIOT, ademais dunha cea e aloxamento de balde nun establecemento de Carballo. E non será a única sorpresa: durante todo o mes haberá pequenas intervencións teatrais.

Organiza: Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo