Día
Domingo 6 de outubro

Hora
20.30 h

Espazo
Pazo da Cultura |
Salón de actos

Entrada
5 €

Duración
60 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Un personaxe gracioso e conmovedor interactúa co espectador mentres loita coa súa ineptitude social e os complexos sistemas no escenario. Todo o público acaba sendo parte deste remuíño orquestral, no que o intérprete demostra as súas habilidades circenses, toca música en directo, controla a iluminación, edita vídeo… Todo un exemplo de ruptura coas fronteiras artísticas.

Diversión e innovación definen o espectáculo Control Freak. A obra é o resultado de dúas décadas de exploración e investigación para crear un show único, cun corazón de arranxos musicais e de composicións atemporais que van desde Bach ou Beethoven ata Nina Simone ou os Beatles, que o artista fusiona empregando “loops stations” controladas cos pés.

En primicia para Galicia, chega este orixinal espectáculo de humor intelixente e tecnoloxía punteira, con accesorios dixitais, instrumentos únicos e ordenadores incorporados no seu propio traxe. Kulu Orr, todo un artista multidisciplinar, foi recoñecido co Premio Be Festival de Birmingham e co Act Festival.

Ficha

Vestiario: Rivka Glaubman
Intérprete, iluminación, música, escenografía, autor e dirección: Kulu Orr