Día
Sábado 26 de outubro
Hora
20.30 h
Espazo
Pazo da Cultura |
Salón de actos
Entrada
5 €
Duración
45 minutos
Idade
Público xuvenil e adulto
Sobre o espectáculo
“Quero colar a través de min os recordos dos meus avós, quero manchar as mans con pementón, azucre e sal”. Isto é que nos di a autora e protagonista desta viaxe polos recordos familiares, pola memoria viva. Ábrenos o corazón para amosarnos con autenticidade, mimo e delicadeza a súa propia historia, facendo unha homenaxe aos seus avós e o seu desexo de conservar a súa memoria.
Este delicioso traballo de El Patio achéganos ao teatro de obxectos, un universo poético e máxico no que os obxectos cobran vida na imaxinación do espectador cunha linguaxe propia que nos falará do que nos importa: de historias que brotan da nosa emoción ante o cotián.
A personalidade e sensibilidade das súas obras percorreu xa escenarios de todos os continentes, colleitando numerosos recoñecementos. Conservando memoria foi premiada recentemente na Fira de Titelles de Lleida.
Ficha
Reparto: Izaskun Fernández
Constrúen, escriben, dirixen, iluminan e xogan: Julián Sáenz-López e Izaskun Fernández