Día
Venres 27 de setembro
Hora
22.30 h
Espazo
Casino 1889
Entrada
3 €
Duración
55 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Chola a it girl non só é un espectáculo escénico: é un proxecto transmedia cheo de humor, enxeño, inconformismo e moita forza. Ela é unha it girl rectificada, blogueira, youtuber e mecánica de coches. Pesca, cociña, traballa no campo… e tamén é piloto de rally. En 10 sinxelos pasos, poderás aprender como ser unha verdadeira it girl, porque o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia.