Día
Venres 18 de outubro
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
8 €
Duración
100 minutos
Idade
A partir de 14 anos
Sobre o espectáculo
A obra reflexiona sobre a violencia machista a través do percorrido vital da protagonista. Ela, unha muller que non ten nome porque podería ser calquera. Cun marido, unha filla pequena que pasa o día construíndo cousas e un fillo menor que as destrúe. Enfrontouse aos teitos de cristal, a un traballo ao que non estaba destinada, á conciliación…
Podemos perdoar que unha muller teña máis éxito ca os homes? Cal é o prezo a pagar? E os menores, que papel xogan? Esta obra formúlanos preguntas que a sociedade debería facerse sobre a masculinidade, a violencia ou as consecuencias sobre os menores da realidade da violencia de xénero.
Este é o tema que aborda con dor, humor, tenrura e realidade o autor aclamado internacionalmente Dennis Kelly e que dirixe unha das dramaturgas máis interesantes da escena española, Lucía Miranda, gañadora do último premio Ojo Crítico, que lidera un equipo maioritariamente feminino.
Chicas y chicos é unha obra conmovedora, contundente e tristemente veraz, que conta coa colaboración do FIOT. É unha das estreas absolutas desta edición.
Ficha
Intérprete: Antonia Paso
Escenografía e figurinismo: Anna Tusell
Vestiario: Adolfo Domínguez
Son: Irene Maquieira
Iluminación: Pedro Yagüe
Produción: Javier Ortiz
Autor: Dennis Kelly
Dirección: Lucía Miranda