Día
Domingo 6 de outubro
Hora
13.00 h
Espazo
Cervexaría La Bombonera
Entrada
Libre
Duración
90 minutos aprox.
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Outra das mulleres que estará presente na Rúa dos Contos é MJ Pérez, unha das novas voces do panorama actual. A música desta singular cantautora galega bebe da canción de autor fusionando diversos estilos, entre os que predomina o pop-rock.
A pesar da súa xuventude conta cunha traxectoria de vertixe, repleta de premios e recoñecementos, con máis de 100 concertos ás súas costas e tres discos no mercado. O último, Casandra, poderémolo escoitar ao vivo nun concerto no que a palabra e a mensaxe cobrarán especial protagonismo xunto a unha voz cargada de personalidade, como ben demostrou en Malaxente, unha orixinal versión do tema da cantante Rosalía con letra de Rosalía de Castro.