Día
Sábado 28 de setembro
Hora
00.00 h
Espazo
Mesón do pulpo
Entrada
5 €
Duración
90 minutos aprox.
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Todos coñecemos a xente á que lle costa dar os bos días no ascensor, que vive coa cara acartonada ou que sempre leva a procesión por fóra. En definitiva, “xente triste” descrita á perfección polo monologuista, actor e presentador Oswaldo Digón no seu novo monólogo, un espectáculo móbil non só polo seu percorrido, senón tamén polo seu contido cambiante e en constante crecemento, co selo único e orixinal deste xenio da comedia.