Skip to main content

A Asociación Cultural Telón e Aparte, un dos organizadores do FIOT, convoca o IV Certame de Micro-Escenas M². O obxectivo é apoiar a creación escénica de novos formatos e a compañías e creadores emerxentes ofrecendo o contexto privilexiado do FIOT 2020 para a presentación e estrea de espectáculos.

O Certame de Micro-Escenas M² é un concurso de proxectos escénicos de pequeno formato (entre 10 e 20 minutos) concibidos para poñer en escena en espazos non teatrais de Carballo nos que o público (máximo 25 persoas) se sitúa a curta distancia dos intérpretes.

Bases e inscricións

Poden participar todas as persoas físicas, grupos ou compañías teatrais que creen un espectáculo que cumpra as características definidas nas bases. Consulta as bases.

A inscrición realizarase enviando esta solicitude ao enderezo electrónico fiot.microteatro@gmail.com. O prazo xa está aberto e remata o vindeiro 30 de xuño de 2020.

Premios

O xurado seleccionará de 4 a 6 propostas dramatúrxicas. As propostas seleccionadas deberán ser representadas no marco do FIOT e recibirán unha compensación económica de 450 euros. Ademais, optarán ao premio do público ao Mellor Espectáculo (150 euros) e á Mellor Interpretación (150 euros).