ZOOM FIOT 2018

ZOOM FIOT 2018

Seguimento fotográfico do FIOT 2018 realizado por varios fotógrafos convidados que achegarán o obxectivo fotográfico ao Festival tratando de captar a actividade que ten lugar durante este e que permanece oculta ao público.

 

EXPOSICIÓN ZF 2017
Mostra das imaxes que se realizaron durante o FIOT 2017 dentro do proxecto fotográfico Zoom FIOT, no que 8 fotógrafos e afeccionados á fotografía nos aproximan a momentos do festival non sempre accesibles para os espectadores.

Os fotógrafos participantes son: Adriana Díaz, Carlos Suárez,Carlota Añón, Esther Chamoso,Laura Villar, Melina Regueira,Nuria Cortés e Oti Fernández.


Data: Do 3 de outubro ao 3 de novembro
Lugar: Andar 0 do Pazo da Cultura
Organiza: AC Telón e Aparte