VOLUNTARIOS FIOT

VOLUNTARIOS FIOT

Se queres coñecer por dentro un dos festivais de referencia en Galicia e compartir o teu gusto polo teatro con nós, podes contactarnos a través da nosa páxina web fiot.gal ou no teléfono 981 704 300. O FIOT conta desde hai oito anos cun programa de voluntarios que implica a afeccionados ao teatro no desenvolvemento do festival. Únete ao fantástico equipo que, desinteresadamente, contribúe co seu tempo a que o Festival sexa mellor.

Moitas grazas a todos pola vosa imprescindible implicación.