Co nome de OTNI identificamos aquelas propostas do FIOT coas que, en especial, queremos satisfacer a espectadores máis ávidos de novidades e que queren estar ao día dos proxectos máis contemporáneos, aqueles que teñen como propósito principal explorar a creación escénica, innovar na dramaturxia, nos códigos ou linguaxes teatrais ou na posta en escena.

Xa desde a súa orixe este “paraugas” é suficientemente flexible como para garantir a diversidade, pero en moitas ocasións, facilmente pode acoller outros espectáculos integrados noutros ciclos do FIOT. Son todos os que están pero non están todos os que son.

Nesta sétima edición do OTNI, cando menos, hai dúas obras que por cuestións prácticas encaixamos noutros ámbitos pero que cumpren os requisitos de innovación, interdisciplinariedade, experimentación con novos espazos, relación cos espectadores ou linguaxes teatrais. Non obstante, non queremos deixar de referencialos, xa que complementan o contido deste ciclo e proban que os OTNIS son para todos os públicos e lugares.

otni