Venda de entradas no FIOT 2018

Venda de entradas no FIOT 2018

O luns, 24 de setembro, será o derradeiro día para que os socios da Asociación Cultural Telón e Aparte poidan adquirir os bonos do XXVII Festival Internacional Outono de Teatro ( FIOT). A partir do martes 25 de setembro a venda de bonos estará aberta ao público en xeral.

Tamén a partir dese mesmo día os interesados en adquirir entradas soltas para os espectáculos de sala, o ciclo OTNI e a sesión dobre no Mercado poderán facelo a través de internet ata o día anterior a cada función. As vendas en liña pódense realizar a través da plataforma Ticketea así como na web oficial do festival (fiot.gal) e na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/festivalfiot

Tamén poden mercarse entradas de forma anticipada vía telefónica chamando ao número 902 044 226. Outra modalidade de compra é a presencial, aberta dende 90 minutos antes de cada sesión na billeteira do Pazo da Cultura.

As entradas para os espectáculos interpretados nos locais de hostalería pódense adquirir nos propios establecementos . Os primeiros espectáculos do FIOT 2018 comezarán o venres día 28 de setembro ás sete da tarde cun pasarrúas: o espectáculo da Musicleta, que correrá a cargo do grupo Pulpiño Viascón.

O mesmo día 28 ás oito e media da tarde e na Praza do Concello actuarán a compañía valenciana A Trócola Circ.

O venres día 28 tamén terá lugar o pistoletazo de saída a Rúa dúas Contos con dúas actuacións: Avelino González, ás dez da noite na Cafetería Colón, e Marcos Pereiro ás doce da noite no Mesón do Pulpo.