Seis obras foron seleccionadas para o Certame de Microteatro Metro Cadrado dentro do FIOT 2017

Seis obras foron seleccionadas para o Certame de Microteatro Metro Cadrado dentro do FIOT 2017

A Asociación Cultural Telón e Aparte fixo públicas a seis obras seleccionadas na primeira edición do Certame de Microteatro Metro Cadrado para a súa representación entre o 23 de setembro e o 28 de outubro, no marco do FIOT.
O xurado decidiu, por unanimidade, seleccionar para as seguintes propostas dramatúrxicas:
– MULLERES AO BORDE DUN ATAQUE DE PELOS
Presentada por ENCONARTE PRODUCCIONES

– AMOR DE PÉ
Presentada por TUKUMPAS TEATRO

– NON HAI QUE SER UNHA CASA PARA TER PANTASMAS
Presentada por CIA PRÁCIDO DOMINGO

– BRINDE
Presentada por IRIA SOBRADO

– VÁTER
Presentada por SAL DO TEATRO

– IN MEMORIAM
Presentada por ROBERTO ALVITE E REBECA AMOR
Como estipulan as bases, o xurado seleccionou pezas suplentes por se algunha das gañadoras non pudiese realizar a representación nas datas previstas pola organización, de existir vacantes convidaranse tendo en conta a peza máis axeitada para os espazos dispoñibles. As propostas dramatúrxicas suplentes seleccionadas son as seguintes:

– AREAS DO DESERTO
Presentada por ENTRETÉS

– O SILENCIO DAS TARTARUGAS
Presentada por Ma ALEJANDRA GÓMEZ DOBRONICH

– ANGUSTIA FABRICADA
Presentada por SERPUNTO TEATRO

– NON ME DERON O PÉ E TOMEIME A MAN
Presentada por ERICA GONZÁLEZ MIGUEL

 

O xurado do certame estivo formado por:
– Belén García Pichel, presidenta de Escena Galega e produtora.
– Antonio Casais Domínguez, actor.
– Alba Bermúdez Iglesias, actriz.
– Ma del Carmen Castro Pombo, membro da organización do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo.
– Xiana Márquez Antelo, membro da organización do FIOT e traballadora do Servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado sen voto.