Ron Lalá fará a estrea galega de “Crimen y telón” no FIOT de Carballo

Ron Lalá fará a estrea galega de “Crimen y telón” no FIOT de Carballo

A nova obra de Ron Lalá é un thriller ambientado nun próximo futuro no que as artes están prohibidas e o noso planeta é liderado por unha intelixencia artificial cun exército de drons. Unha investigación a contrarreloxo na que calquera pode ser culpable. Mesmo vostedes, señores espectadores. Humor cítrico, ritmo desenfreado, poesía, música, gargalladas, provocación e un espírito xuvenil que tan ben acae neste FIOT.

Con esta comedia musical, Ron Lalá realiza unha homenaxe ao teatro universal. Despois de converterse nun premiado referente nacional pola actualización do teatro clásico, volven a Carballo cun xiro ao xénero negro ao que transfiren a identidade, tan querida polos fioteiros, xa que de feito recollerán un novo Premio do Público do FIOT, neste caso por Cervantina, da que gozamos no 2016.

Un dos grandes referentes culturais de Galicia A gran confluencia de participantes converte ao FIOT nun dos grandes eventos culturais de Galicia, xa que concentra a un número de persoas equivalente a un terzo da poboación de Carballo, unha cifra con gran impacto social e económico.

  • Duración: 100 min
  • Entrada :15 euros
  • Recomendado a partir de 12 anos

Intérpretes: Juan Cañas, Íñigo Echevarría / Jacinto Bobo, Fran García, Miguel Magdalena e Daniel Rovahler. Vestiario: Tatiana de Sarabia Iluminación: Miguel A. Camacho Técnico de luces: Javier Bernat Dirección musical: Miguel Magdalena Son: Eduardo Gandulfo Asistente técnico e rexidoría: Ion Martinkorena Deseño de produción: Ron Lalá / Emilia Yagüe Dramaturxia: Alvaro Tato Dirección: Yayo Cáceres