RISAS, ENREDOS, FANTASMAS E MISTERIOS NA OBRA “LA VALENTÍA” POÑEN FIN A XXVII EDICIÓN DO FIOT

RISAS, ENREDOS, FANTASMAS E MISTERIOS NA OBRA “LA VALENTÍA” POÑEN FIN A XXVII EDICIÓN DO FIOT

O vindeiro mércores, día 31 de outubro, as nove da noite a compañía madrileña Lazona estreará en Galicia a obra “La Valentía”. Será no Pazo da Cultura de Carballo.

“La Valentía” poñerá fin a esta edición do FIOT . Unha edición na que o público puido gozar con corenta e un espectáculos, dos que doce foron estreas en Galicia e tres estreos absolutos.

A obra do mércores será unha comedia tola que reúne todos os ingredientes para que sexa esmendrellante: enredos, misterios, portas, sustos, equívocos, sorpresas, casa encantada, situacións rocambolescas, disparates, ritmo endiañado e ata fantasmas. E por suposto un elenco de actores formidables que dan vida a seis extravagantes personaxes que deben afrontar os seus medos, superar o paraíso perdido e as herdanzas do pasado que nos lastran. “Realizar os cambios necesarios para avanzar a un proxecto de futuro require valentía”, suliña o director da obra.

Alfonso Sanzol, o autor e director, é un dramaturgo consagrado, con xa catro Max ao mellor autor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2017 e Premio Valle Inclán, precisamente por unha obra coa que nos deleitou na anterior edición do noso festival, “La ternura”. Os intérpretes de “La Valentía” son Jesús Barranco, Francesco Carril, Inma Cuevas, Estefanía de los Santos, Font García e Natalia Huarte.