PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DO FIOT 2018

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DO FIOT 2018

Coa participación da Aula de Teatro Municipal do Concello de Carballo, a Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do FIOT 2018, realizarán a presentación oficial do programa da 27 edición do Festival, xunto coas entidades patrocinadoras, voluntarios, socios de Telón e Aparte e espectadores.

Un encontro de todos os “implicados” para coñecer esta edición e intercambiar as primeiras impresións.

No transcurso deste acto a Aula de Teatro Municipal de Carballo, realizará unha intervención teatral.

 


 

 

Data: xoves 13 de setembro
Hora: 19.00 h
Lugar: Pazo da Cultura
Asistencia libre